LOGO SOFTGASA digit

Cadro de mandos

Unha axuda á toma de decisións

Un Sistema de Información á Dirección, ou Cadro de Mando, é un documento onde se recollen os indicadores máis relevantes para realizar o control da xestión ao nivel que se desexe.

Os Cadros de Mando son moi útiles para controlar procesos regulares cun fluxo de información continuo. Permiten agrupar a información máis relevante (isto é útil para tomar decisións) necesaria para ter un coñecemento permanente da situación da xestión e a súa evolución no tempo.

PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS
  • Axuda a dispoñer eficientemente da información indispensable e significativa, de modo sintético, conectada cos obxectivos.
  • Facilita a planificación e o control de resultados.
  • Permite a lectura e análise da información dun modo rápido e preciso, facilitando a toma de decisións.
  • Flexibilidade da ferramenta, facendo posible a inclusión de novos indicadores, modificación dos xa presentes, así como o establecemento de obxectivos e, no seu caso, corrección dos xa introducidos.